Saturday 27 de April de 2024

Ordes, derradeira parada da xincana lingüística


 

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes puxo punto final á súa xincana lingüística. Esta última parada tivo lugar en Ordes, onde 25 nenos e nenas desfrutaron na carreira de obstáculos conseguindo as sílabas para formar os nomes de 12 deportes en galego, ademais de resolvendo crebacabezas e xeroglíficos relacionados con léxico deportivo noutros xogos de lanzar a pelota. Unha maneira de divertirse aprendendo e fomentando o uso do galego que o SNL da Mancomunidade de Ordes levou adiante por toda a comarca durante o verán.